Envíos por só 1 € en todas as compras.

Shiny Compact: Un día convertinme nunha rapaza máxica

8,60 €

“Se tivese maxia, sería capaz de quererme a min mesma?”
“Se tivese maxia, podería… podería cambiar o meu miserable pasado?”
“Se tivese maxia, lograría que todos me quixesen?”

Chea destas fortes dúbidas, Kami, unha adolescente común de 16 anos, insegura e introvertida, sela un pacto cunha criatura máxica chamada Paibu. Deste xeito, convértese nunha rapaza máxica co obxectivo de axudar á humanidade para guiar a Terra cara a un futuro mellor.

Ao principio, Kami esfórzase de todo corazón en usar a maxia para axudar aos demais. Pero a medio camiño…

Envíos por só 1 € en todas as compras.

Detalles da obra

AutoraAME
FormatoTapa branda
ISBN979-13-992303-1-4
Ano de publicación2026
Páxinas182
Páxinas en branco e negro181
Páxinas a cor1
SobrecubertaNon
Ancho200 mm
Alto140 mm

Coñece á autora

AME

AME

Reside en Hong Kong. En 2021 comezou a traballar como artista de videoxogos e iniciou a súa carreira profesional como ilustradora a tempo completo. Desde entón, desenvolve a súa traxectoria artística combinando a súa experiencia no ámbito dos videoxogos coa súa paixón pola ilustración e o manga.