Data de entrada en vigor: 23 de xuño de 2026
1. Aceptación do contrato
Ao realizar un pedido en Editorial Yisus, o cliente acepta expresamente as condicións de venda, esta política de envío e devolución, así como a política de privacidade e a política de cookies.
A compra considerarase aceptada cando Editorial Yisus confirme o pagamento e envíe un email de confirmación do pedido.
2. Prezos e pagamentos
Prezos
Todos os prezos mostrados na web inclúen impostos (IVA) e están expresados en euros. Os prezos poderán variar segundo a zona de envío e opciones de entrega seleccionadas.
Métodos de pagamento dispoñibles
- Tarxeta de crédito ou débito (Visa, Mastercard, Amex).
- Transferencia bancaria.
- Paypal ou outros métodos de pago dixitais soportados por Stripe.
Validación do pagamento
Os pagamentos deben ser validados correctamente antes de procesarse o envío. Se o pagamento non se valida, Editorial Yisus non podrá procesar o pedido. O cliente será notificado via email do estado da transacción.
3. Disponibilidade de stock e cancelación de pedidos
Aínda que Editorial Yisus intenta manter a información de stock actualizada, non é posible garantir a súa precisión en tempo real. Se un produto está esgotado ou indispoñible após recibir o pedido, Editorial Yisus poderá:
- Cancelar o pedido sen mediar contacto previo.
- Reembolsar o importe íntegro sen custo alguno para o cliente.
- Ofrecer un produto alternativo de valor similar.
4. Envíos e entrega
Confirmación e preparación do pedido
Editorial Yisus non procesará nin enviará ningún pedido ata confirmar que o pagamento foi recibido correctamente.
Unha vez confirmado o pagamento, prepararemos o seu pedido no noso almacén e entregaremo-lo ao transportista.
Métodos de envío
Os envíos realizaranse mediante servizos de mensaxería exprés, dependendo de:
- Zona xeográfica de destino seleccionada.
- Método de envío escollido no carrito.
- Disponibilidade de stock.
Poderá seleccionar entre diferentes opcións de envío con distintos tempos de entrega e custos.
Prazos de entrega estimados
- Envío sen seguimento con correos (24-72 h): Entrega en 1 a 2 días laborables desde a confirmación de pagamento.
- Envío con seguimento (24-72h h): Entrega ao seguinte día laborable.
IMPORTANTE: Os prazos indicados son aproximados e dependen de:
- Disponibilidade dos produtos en stock.
- Horarios de operación do transportista.
- Circunstancias alleas ao noso control (festivos, folgas, condicións meteorolóxicas).
Retrasos na entrega
Os retrasos moderados na entrega non constitúen incumplimento esencial do contrato. Con todo, se a entrega non se realiza no prazo de 30 días desde a data pactada, poderá solicitar:
- A cancelación do pedido.
- O reembolso completo do importe pagado sen ningún custo adicional.
Responsabilidade no envío
Editorial Yisus non asumirá responsabilidade algunha cando:
- Os datos de envío proporcionados sexan falsos, inexactos ou incompletos.
- O transportista non poida completar a entrega debido a datos incorrectos.
- O usuario cambie de dirección sen comunicarllo antes do envío.
Recepción do pedido
A entrega considerarase realizada no momento en que o transportista poña os produtos á súa disposición e vostede (ou o seu representante autorizado) asine o documento de recepción.
É importante verificar o estado dos produtos no momento da recepción. Se observa danos, desperfectos ou discrepancias, deberá informar inmediatamente ao transportista anotando as observacións no albarán de entrega.
5. Devolucións e reembolsos
Dereito de desistimento (14 días)
Segundo a normativa de comercio electrónico, ten dereito a desistir do contrato no prazo de 14 días naturais sen necesidade de dar explicacións. Esta disposición está regulada no artigo 102 e seguintes da Lei 3/2014, do 27 de marzo, de comercio electrónico e consumidores.
O prazo comeza desde a recepción da mercancía por parte do cliente ou dun terceiro autorizado.
Como exercer o dereito de desistimento
- Contacte connosco indicando que desexa desistir do pedido a través das nosas vías de contacto.
- Editorial Yisus facilitaralle as instrucións para devolver os produtos.
- Deberá devolver os produtos en bo estado e coa súa embalaxe orixinal no prazo máximo de 14 días desde a comunicación do desistimento.
Contacto para desistimentos:
- Email: devoluciones@editorialyisus.gal
Produtos que NON se poden devolver (Excepcións legais)
Conforme ao artigo 103 do TRLGDCU, o dereito de desistimento non será aplicable aos seguintes artigos:
- Mangas, libros ou revistas sen o seu envoltorio orixinal, ou que mostren calquera signo de manipulación, lectura ou uso máis aló da mera comprobación do seu estado.
- Produtos personalizados ou confeccionados conforme ás especificacións do consumidor (edicións limitadas baixo pedido, dedicados, autografados, etc.).
- Artigos con precintos rotos tras a entrega (packs coleccionables, edicións seladas).
Reembolso
Unha vez recibida e verificada a devolución, procesaremos o reembolso no prazo máximo de 14 días naturais baixo as seguintes condicións:
- Reembolso íntegro do importe pagado polos produtos devoltos, incluíndo os custos do envío inicial (modalidade estándar).
- O cliente deberá asumir unicamente os custos directos de devolución (o envío de volta aos nosos almacéns), agás que a devolución se deba a un erro pola nosa banda ou a un defecto do produto.
- Se devolve un produto defectuoso, Editorial Yisus asume tanto o reembolso total como a xestión e o custo da recollida.
Método de reembolso
O reembolso realizarase mediante:
- O mesmo método de pagamento utilizado na compra inicial.
- O reembolso pode tardar entre 3 e 5 días laborables en reflectirse na súa conta, dependendo da súa entidade bancaria.
6. Garantía legal e produtos defectuosos
Garantía dos produtos
Conforme á lexislación vixente, todos os produtos físicos vendidos teñen unha garantía legal de 3 anos desde a data de entrega ante calquera falta de conformidade ou defecto de fábrica (por exemplo, erros de imprenta, paxinación incorrecta ou defectos na encadernación).
Incidencias no transporte
No caso de que o pedido chegue con danos evidentes debidos ao transporte (caixa golpeada, moscada, mollada...), pregamos que o comunique nun prazo de 24-48 horas para poder xestionar a reclamación coa axencia de loxística.
Como xestionar unha incidencia
- Contacte connosco achegando fotos do produto danado ou defectuoso xunto co número de pedido.
- Editorial Yisus avaliará o caso e procederá, de forma gratuíta para o cliente, á substitución do produto por un exemplar novo.
- Se a substitución non fose posible por falta de stock, ofrecerase o reembolso completo ou a opción de agardar a unha nova tirada.
7. Custos de envío
Tabla de custos
Os custos de envío calcúlanse dinámicamente segundo:
- Peso total do pedido.
- Código postal de destino.
- Tipo de envío seleccionado.
8. Restricións de envío
Actualmente realizamos envíos a:
- España (Península).
- Outros países previo contacto.
Se o seu país non aparece na lista, contacte connosco para consultar disponibilidade.
9. Seguimento do pedido
Unha vez procesado o envío, recibirá un email con:
- Número de seguimento.
- Transportista.
- Enlace para rastrexar o paquete en tempo real.
Poderá monitorizar o estado da entrega en calquera momento desde a súa conta de Editorial Yisus.
10. Contacto
Para calquera dúbida sobre envíos, devolucións ou outros aspectos, contacte connosco:
- Email xeral: info@editorialyisus.gal
- Email devolucións: devoluciones@editorialyisus.gal
- Horario: Luns a venres, 9:00-14:00 e 16:00-20:00
11. Responsabilidade limitada
Editorial Yisus non se responsabiliza de:
- Danos indirectos, incidentais ou consecuentes derivados da compra ou uso dos produtos.
- Perda de datos, contido ou información durante o envío ou devolución.
- Atrasos na entrega alleos á súa responsabilidade (circunstancias meteorolóxicas, folgas, catástrofes naturais, restricións aduaneires, etc.).
- Danos causados por terceiros durante o tránsito da mercancía.
- Problemas técnicos, interrupción de servizos ou indispoñibilidade temporal da web.
En caso de reclamación, a responsabilidade de Editorial Yisus limitarase ó importe pagado pola compra en cuestión.
12. Propiedade intelectual
Todos os produtos, contidos gráficos, textos, ilustracións, logos e deseños dispoñibles en Editorial Yisus están protexidos pola lexislación de propiedade intelectual.
O cliente adquire o dereito a usar os produtos comprados exclusivamente para uso persoal non comercial. Está prohibida a reprodución, distribución, copia ou modificación sen consentimento expreso de Editorial Yisus.
Os dereitos de autor dos autores e ilustradores de mangas, libros e produtos editoriais permanecen coa súa propiedade ou cos seus editoriais orixinais.
13. Cambios nas condicións
Editorial Yisus reservase o dereito de modificar esta política de envío e devolución en calquera momento sen necesidade de aviso previo. Os cambios entrarán en vigor unha vez publicados neste sitio web.
Con todo, para compras realizadas antes da modificación, aplicaranse sempre as condicións que eran vixentes no momento da compra, non as novas condicións.
A data de entrada en vigor será sempre actualizada no encabezado desta páxina para que poida coñecer a versión actual en vigor.
14. Idioma legal e normativa aplicable
As compras realizadas a través de Editorial Yisus rexense pola lexislación española, especificamente:
- Lei 3/2014, de 27 de marzo, de comercio electrónico e consumidores.
- Lei 34/1988, de 11 de novembro, de Publicidade e normativa sobre prácticas comerciais desleais.
- Normativa de protección de consumidores e usuarios do ordenamento xurídico español.
- Lexislación de propiedade intelectual e industrial.
Todos os documentos, condicións de compra e políticas están redactados en idioma galego. En caso de conflito entre as versións en diferentes idiomas, a versión en galego será a vinculante.
15. Solución de conflitos e xurisdición
Calquera disputa, reclamación ou conflito derivado das compras, envíos, devolucións ou cumprimento desta política someterase aos xulgados e tribunais do domicilio do consumidor e usuario, conforme ao disposto na normativa vixente.
No caso de que o comprador actúe en representación dunha empresa ou profesional (B2B), ambas partes renuncian expresamente a calquera outro foro, someténdose aos Xulgados e Tribunais de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
Ademais, conforme ao Art. 14.1 do Regulamento (UE) 524/2013, a Comisión Europea facilita unha plataforma de resolución de litixios en liña que se atopa dispoñible na seguinte ligazón: http://ec.europa.eu/consumers/odr/.
Antes de proceder a litixios, recoméndase intentar resolver a disputa de forma amigable contactando con Editorial Yisus a través das canles dispoñibles.