

Algún Día Volverémonos ver – Edición Inauguración
8,60 €
Edición de inauguración limitada a 100 exemplares. Esta edición non leva ISBN e só leva na contraportada o texto 'Edición de inauguración'. As sucesivas impresións incluirán ISBN e non levarán este texto.
Descrición
Despois dos cambios de 2019, un aire de despedida envolve Hong Kong. Esta colección de manga yuri explora con sensibilidade o amor, a perda e a resiliencia. Mentres unhas buscan novos horizontes, hai quen decide quedar. Cada relato tece un fío de desexo entre o adeus e a calor do reencontro.
Coñece á autora
![]()
smalltung
Creadora dedicada na comunidade doujin de Hong Kong durante 20 anos, céntrase no manga orixinal e hoxe en día publica mangas comerciais de xeito seriado en Hong Kong. Apaixonada por retratar o romance yuri, destaca tecendo historias impregnadas dun rico sabor a Hong Kong, capturando as emocións urbanas a través de relatos de risas e bágoas.